EXPERIMENTO: FLOTABILIDADE

Hai uns días fixemos na clase de 3 anos unha investigación sobre as cousas que flotan e as que afunden. Primeiro conversamos sobre o significado de flotar e afundirse. Despois manipulamos e identificamos diferentes materiais (corchos, tapóns de plástico, escarvadentes, parafusos, clips e moedas). Tamén fixemos as nosas hipóteses sobre aquelas cousas que pensabamos flotarían ou afundirían. Por último, comprobamos se as nosas hipóteses se afirmaban ou non.



Comentarios