PROXECTO DINOSAUROS 4 : COMO NACEN? QUE TEÑEN POR DENTRO?

Investigamos sobre como nacen os dinosauros e descubrimos que os animais que nacen dos ovos son ovíparos e puxémonos mans a obra para reproducir o noso ovo de dinosauro. 


Tamén estivemos buscando imaxes do corpo dos dinosauros por dentro e miramos que tiñan osos, e dicir, esqueleto. Como nos gusta tanto facer formas cos tubos de cartón fixemos o esqueleto do Braquiosaurio con tubos e cinta carroceira.

 


Gústanos moito facer de dinosauros, desplazarnos como eles, comer, gritar,...

TIRANOSAURIO REX

 BRAQUIOSAURIO

Comentarios