PLANTAMOS XIRASOIS, FRESAS E RÚCULA

Andrés, da clase de 4 anos, trouxo pipas de xirasol para que sementemos na clase. Xa hai cousa dun mes que as plantamos. Moitas grazas Andrés e familia!!! 


Decoramos as macetas


O luns trasplantamos os xirasois e plantamos fresas nos neumáticos que temos ao lado da pista deportiva. 



Nen@s trasplantando xirasois e plantando fresas


Non soamente tivemos que plantar senón que temos que intentar manter a plantación e para iso temos que regar todos os días!!!


 

Hai unhas semanas tamén fixemos semilleiros de Rúcula en cáscaras de ovos.
 
 
 


Nos vindeiros días teremos que trasplantala!!!



Comentarios