EXPERIMENTAMOS CON PLASTILINA CASEIRA

Esta pasada semana nos nosos "procesos de aprendizaxe" elaboramos plastilina caseira. O mércores. E o xoves xogamos con ela, amasamos, estiramos, cortamos, mesturamos...para que a proposta fora máis rica acompañamos a provocación con herbas aromáticas, a clase menta, perexil, albahaca...😋😋😋 pasámolo moi ben e os nenos e nenas desfrutaron e experimentaron. Aprendendo sen darse conta!!!








arrecendía...
Agora falta o outro grupo...ssshhh...gardade o segredo para que sexa unha sorpresa!!😉😉

Comentarios