INXUSTIZA, MANIFESTACIÓN, QUEREMOS UN MUNDO MOITO MELLOR

Benvidos e benvidas a todas as familias a este novo curso 2019-2020!! O colexio de Abelendo comezou este novo curso escolar coa iniciativa de Teachers for future "Semana polo clima". Durante toda a semana os nenos e nenas do centro levaron a cabo diferentes iniciativas para loitar en contra do cambio climático, que finalmente desembocaron o pasado venres nunha manifestación ao ritmo da frase "Insuztiza, manifestación, queremos un mundo moito mellor!" Na foto podedes ver o resultado final e na páxina web podedes ver un pequeno resumo.

Cambiar o mundo é cousa de nenos/as!!


Comentarios