OS CASTELOS: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER

A clase de 4 anos comeza un novo proxecto. Despois dunha intensa votación (Dinosaurios vs. Castelos) finalmente con 5 votos saiu elixido "Os castelos". Fixemos unha choiva de ideas para anotar todo o que sabemos acerca de este tema e despois poder concretar todo aquilo que non coñecemos e que queremos investigar.
No "Que sabemos?" saíron as seguintes ideas:
- Teñen princesas
- Serven para defenderse
- Teñen unha bandeira
- Viven reis e raíñas
- As cabaleiras e os cabaleiros matan aos malos
- Teñen ventás, portas e escaleiras
- Hai princesas que dicen "socorro, socorro"
- Os cabaleiros/as teñen escudos e espadas para protexerse das frechas
- Tamén teñen pistolas
- Os atacan zombies, esqueletos, vampiros, bruxas, lobos e dragóns
Despois, centrámonos no "Que queremos saber?":
- Cales son as partes dun castelo?
- Hai castelos preto de Moaña?
- Quen vive nos castelos?
- Para que serven?
- Que utilizan os cabaleiros/as para loitar?
- Quenes atacan os castelos?
- Hai debuxos, pelis ou contos nos que aparezan castelos?

Nos próximos días comezaremos a investigar!!

Comentarios