Outras actividades 3 anos

Martiño tamén estivo traballando moito estes días! Mirade que debuxo fixo de letra V, con ollos, orellas, boca e, como non, con ZAPATILLAS!

                             
Ademais, tamén deu clases de informática cun ordenador super chulo!
E, polo que vexo nesta foto, tamén estivo contando mazás. Cantas ten? MMMM, que boa pinta!


Moitas gracias Martiño polos teus traballiños!

Outro neno que tamén fixo traballiño foi Martín que ademais de facer diferentes actividades sobre o corpo humano tamén tivo tempo de xogar coa plastilina e facer letras e o seu nome. Mirade que ben lle quedou!
A Alba gústanlle facer outras moitas cousas, non todo vai ser traballar! Mirade que ben o pasa de xardineira e xogando coas súas ferramentas! 

 



E seguimos recibindo cousiñas. Esta vez é Aroha a que nos quere ensinar canto traballa na súa casa, mirade, mirade!
Martiño segue aprendendo na súa escola particular. Desta vez, converteuse en xardineiro e estivo a plantar coa súa familia, pero para iso, tiña que saber cantas macetas lle facían falta para poder poñer todas as súas plantiñas e, xogando, xogando, foi contando, contando, e aprendendo os números.


Outro día deulle por ser científico e fixo un laboratorio na súa casa e aproveitou para coñecer ás mulleres da ciencia.




SEGUIDE ASÍ CHIC@S! SODES UNS ARTIST@S!!!!




Comentarios