Entradas

ADORNAMOS SAN MARTIÑO CON POEMAS DE MANUEL MARÍA

Imagen
Estes últimos días estamos realizando diferentes actividades para conmemorar o día da Letras Galegas. Hoxe fomos pendurar poemas de Manuel María nas árbores que hai no adro de San Martiño. Mirade que bonitas quedaron!!!

PARABÉNS SARA!

Imagen
Hoxe Sara cumpre 6 anos!!! Parabéns campiona.

CHEGOU A PRIMAVERA Á NOSA CLASE

Imagen
Esta semana estivemos decorando as ventás da nosa clase co mostro de cores que tanto nos gusta e con motivos primaverais. Estamos feitos uns pequenos artistas!!!

ALMORZOS SAUDABLES 2

Imagen
O mércores 11 de maio almorzamos por segunda vez neste curso no cole.Neste caso almorzamos plátano, iogur natural con mel e xamón cocido con pan. Que rico estaba todo!!! Aínda que a algúns o mel no iogur costounos un pouquiño tomalo.  

EXPERIMENTO: TRASPASO POR CAPILARIDADE

Imagen
Para a realización deste experimento precisamos 3 vasos de plástico, auga, colorante alimentario e papel de cociña.

QUE CANDEA SE APAGARÁ ANTES?

Imagen
HAI UNS DÍAS OS NEN@S DE 3 E 5 ANOS FIXEMOS UN PEQUENO EXPERIMENTO-INVESTIGACIÓN. A CUESTIÓN FOI DO MAIS SINXELA, TAN SÓ PRECISAMOS DÚAS CANDEAS, UN VASO E UN CHISQUEIRO. AS PREGUNTAS FORON AS SEGUINTES: QUE CANDEA SE APAGARÁ ANTES? POR QUE? AS HIPÓTESES DA CLASE DIVIDÍRONSE NOS QUE OPINABAN QUE SE ÍA APAGAR PRIMEIRO A QUE ESTABA FÓRA DO VASO PORQUE FACÍA FRÍO E PODÍA DARLLE O VENTO E OS QUE OPINABAN QUE SE APAGARÍA PRIMEIRO A CANDEA QUE ESTABA DENTRO DO VASO PORQUE NO SEU INTERIOR FACÍA DEMASIADA CALOR. CANDO OBSERVARON O QUE SUCEDÍA ALGÚNS QUEDARON SORPRENDIDOS E ISTO DOUNOS PÉ PARA FALAR DA IMPORTANCIA DO OSÍXENO PARA QUE TEÑA LUGAR A COMBUSTIÓN.