Entradas

FELIZ DÍA DINTERNACIONAL DA MULLER

Imagen
Dende o Equipo de Educación Infantil queremos felicitar a todas as mulleres neste día especial.  Con motivo da celebración do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER , nos últimos días estivemos investigando sobre unha muller relevante como é Antía Cal  unha pioneira que abriu en Vigo A Escola Rosalía de Castro  referente de renovación pedagóxica que incluía etapa infantil cando ninguén en España pensou que fora importante ir a clase antes de los sete anos.  Despois de investigar sobre a interesante vida de Antía Cal e das moitísimas cousas que fixo pola educación cada clase quixo reflectir nun mural con forma de flor as cousas aprendidas.  Os alumnos de 5 anos resumiron a súa biografía. Os de 4 anos nos amosaron as frases mais relevantes que resumen a incrible vida de Antía Cal. Por último os nenos e nenas de 3 anos quixeron ensinarnos algunhas fotos importantes da súa vida e dos moitos premios que recibiu pola súa labor no mundo da educación.

SEMENTAMOS NA CLASE DE 3 ANOS

Imagen
Hoxe celebrase o Día da Natureza e na clase de tres anos decidimos sementar dunha forma especial!!!

PROXECTO DOS BÉBES: SOMOS PEDIATRAS

Imagen
Estes días estivemos investigando sobre os médicos dos bebés e dos nenos e nenas: OS PEDIATRAS. Descubrimos que os bebés teñer que ir a facer revisións periódicas nas cales entre outras cousas os pediatras os pesan, tallan e miden o perímetro cefálico. Unha vez descuberto isto puxémonos mans a obra e fixemos de auténticos pediatras. Mirade!!!

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

Imagen
O 24 febreiro celébrase o Día de Rosalía de Castro. Na clase de 3 anos estivemos investigando un pouquiño sobre ROSALÍA DE CASTRO. Primeiro miramos no ordenador a súa foto e fixemos as nosas hipóteses sobre a que se podía adicar, ata que cunhas pistas descubrimos que foi unha escritora galega. Despois para descubrir o seu nome fixemos un xogo de letras no cal iamos nomeando unha letra cada un e se acertabamos o profe as colocaba no seu sitio ata que formamos o seu nome e apelido. Tamén escoitamos dous poemas dela ademais dunha canción moi coñecida do seu poema "Adios ríos adios fontes". Tamén participamos nas actividades propostas dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega colaborando na elaboración dun mural de Rosalía de Castro e na decoración das escaleiras do colexio cun poema.

UNS MONSTROS DE CORES ESPECIAIS!!!

Imagen

OS INDIOS DE ABELENDO

Imagen

DISFRAZÁMONOS DO TEMPO ATMOSFÉRICO

Imagen
Hoxe na clase de tres anos nos disfrazamos de sol, treboada e nubes. Encantáronos estes divertidos disfraces!!!