Entradas

BENVIDO OUTONO

Imagen
Este días estivemos dándolle a benvida ao outono, para iso estivemos bailando cancións, recitando poesías desta estación e preparamos na fiestra a nosa árbore de outono!!!

CROCOARTISTADAS

Imagen
Hai uns días estivemos acabando de decorar ao noso gusto os recantos do artista e o recanto de lectoescritura. Como podedes ver gústanos moi facer auténticas obras de arte!!! DECORAMOS AS MESAS DO RECANTO DE ARTE     DECORAMOS A MESA DO RECANTO DAS LETRAS

OS CROCODILOS APRENDEMOS XOGANDO

Imagen
Os crocodilos comezamos o curso con moitas ganas de aprender xogando!!! Desde que chegamos ao cole fixemos moitos xogos: cadeiras musicais, encestamos bolas nos "canastracabezas", coas tarxetas psicomotoras imitamos o movemento de diferentes animais, cazamos e contamos abellas, asociamos as tarxetas numéricas aos diferentes conxuntos de tapóns e creamos outros a partires dos números, xogamos cos bloques lóxicos e ao xogo das formas xeométricas, xogamos cos números e bloques multibase,...

OS CROCODILOS DE 4 ANOS

Imagen
Despois dunhas merecidas vacacións os nenos e nenas de 4 anos voltamos ao cole cargadiños de enerxía, alegría e con moitas ganas de aprender!!!

UNHA AXUDIÑA PARA ESTES PRIMEIROS DÍAS LONGOS

Imagen
Os nenos e nenas de tres anos xa comezaron hoxe a vir toda a  mañán.. Estes primeiros días completos poden ser un pouco duros e poden ter aos nenos e nenas un pouquiño preocupados. Entón, despois de ver un enlace a un blog que me enviou unha compañeira cunha idea preciosa que me encantou, ocorréuseme que podía facer algo parecido coa miña clase e pensei nisto.                          A idea dos bonecos sacapenas é unha idea que coñecín polo libro que leva o seu nome:   "SACAPENAS". É unha tradición guatemalteca e paréceme moi bonita de contar. Aquí tendes o libro, por si o queredes ver na casa. E, de regalo, unha canción  ESCOITADE!!! Agora solo espero que as penas queden debaixo da almofada e os nenos e nenas veñan contentos e cargados de bicos aos que recurrir cando precisen!!

O PRIMEIRO CONTO DO CURSO

Imagen
Como case sempre que empezo en tres anos , encántame un conto para os primeiros días, por sinxelo, colorido, animado (ten canción, cantamos, bailamos...), pola cercanía da mamá galiña, porque aos nenos e nenas encántanlle os pitiños...bueno e porque a min tamén me encanta este conto PEPE xa coñeceu aos meus pequerrechos de 3 anos e está encantado de estar con eles. Xa me dixo que disfruta moito nas súas casas, porque xa está indo de visita. Xa visitou a casa de SARA , de CARMEN , de VALERIA e de LAIA . Cando volve á escola,volta contento e cheo de historias e desexando ir a coñecer a familia doutro neno ou nena. E, ocorréuseme que, para que podades cantar e bailar con él, podería compartirvos a canción.Unhacanción recollida no libro-cd CARTAS QUE VEÑEN E VAN , de Susa  Herrera e Mamá Cabra e, para que o escoitedes comparto este vídeo, publicado en "youtube" e que está montado co traballo duns nenos. (Compartido por exploradores3a). Pincha a continuación!! CANTEMO...

Nova clase para 3 anos

Imagen
Este ano, enfrentábame como mestra a un cambio de aula e de alumnos e apetecíame darlle unha volta ao espacio que estes pequechos e máis eu vamos compartir cada día. Buscando ideas dende finais do curso pasado e, despois de ler e informarme, animeime a modificar un pouco o espazo e, baseándome un pouco na METODOLOXÍA MONTESSORI e a súa preocupación polo espacio e a estética, quisen darlle un novo aire á miña clase.  Aínda faltan moitos detalles, materiais...falta moito, pero penso que non está mal para empezar!!🤗 Quédome co que sinten os meus compañeiros cando entran e din que senten calma,  que sinten paz. Pois iso quero transmitir a estes pequerrechos, quero que se sintan a gusto e disfruten estando aquí. Teño que seguir adaptando cousas e aprendendo moito, pero este ano, observando a estes nenos e nenas, sei que vou aprender moito!!! Vai ser un ano fantástico!!! Canto reto por diante!!!