Entradas

UNÍMONOS POLA IGUALDADE

Imagen
O 25 de novembro celébrase o "Día Internacional contra a Violencia de Xénero" e na clase de 4 anos estivemos traballando sobre este tema (adaptado claro aos pequenos) coa lectura do conto Rosa Caramelo que nos deu pé a falar da igualdade e de que tanto homes coma mulleres poden facer as mesmas cousas e teñen os mesmos dereitos. Aquí tedes unha pequena manualidade que fixemos para recordar este día as nosas familias!!!      

25N

Imagen
O 25 N é un día importante e, dende o cole sumámonos á iniciativa do concello e repartimos entre os cativos pulseiras moradas para visibilizar este día. Como é un tema de difícil enfoque en infantil e máis con tres aniños, para darlle sentido lemos o conto ROSA CARAMELO . Votádelle un ollo!! E, lembrade...os homes e mulleres de mañá están hoxe nas vosas casas...eduquemos no respecto e a igualdade! !!

Xoves cociñando!!

Hoxe tivemos un día estupendo no cole. OBRADOIRO DE COCIÑA , co que nos gusta cociñar e "xogar" cos alimentos. E así, sen case darnos conta, traballamos un montón de cousas tan importantes...texturas, sabores, olores...melloramos a motricidade, experimentamos...e o mellor de todo, dándolle un sentido e por riba...logo podemos comer o que facemos!! Mmmmmmm!!! Que rico!! Hoxe tocounos pizza. Amasamos, estiramos, pusémoslle os ingredientes e...ao forno!! Antes de nada lavamos os cacharros e as mans, claro!! E logo, veña a cociñar. E tamén, entre unhas cousas e outras, lambemos un pouquiño de tomate, comemos unha oliva...nunha palabra: DESFRUTAMOS!! Queredes mirar?? Porque probar xa o probastes, non sí??? Pois mirade!!

DEBUXO COLABORATIVO

Imagen
Onte, na clase de 4 anos, Xavi foi o encargado e cando foi debuxar o seu esquema corporal quixo que lle axudaran todos os compañeiros. Entón un a un fomos completando o seu debuxo. Encantounos compartir!!!               Despois da asemblea decidimos ir a sala da fotocopiadora a coller papel continuo para facer un debuxo de forma colaborativa.   Como non nos dou tempo onte, porque tivemos que ir a biblioteca a buscar o conto, tivemos que deixalo para hoxe. E así foi, hoxe debuxámonos todos dun xeito especial, e dicir, cando o profe dicía cambio tiñamos que ir rotando cos compañeiros para continuar o seu debuxo ata que finalmente chegamos de novo ao debuxo que comezamos. Mirade!!! Se normalmente debuxamos xenial hoxe en equipo fixémolo mellor!!!

XOGAMOS CO KUBIX

Imagen
Hai uns días xogamos co "kubix", un xogo semellante ao tetrix soamente que con cubos. Con este xogo pretendemos traballar a capacidade de concentración e razonamento lóxico. Ademais de xogar con el libremente facendo as composicións que cada un de nós quixo tamén empregamos unhas plantillas nas cales coas pezas da marxe esquerda tiñamos que crear as composicións da dereita. Aínda que algunha composición se nos resistíu un pouco, entre todos o conseguimos. Estamos feitos uns auténticos campións!!!

OBRADOIRO LITERATURA: "El dragón sakasavon"

Imagen
Hai unhas semanas contamos na clase o conto "El dragón Sakasavon. Una sorpresa para Pierrot" no cal un pequeno dragón chamado Sakasavon un tanto especial pois pola súa boca non sae lume senón pompas de xabón que axuda a Pierrot un neno que acaba de coñecer e precisa axuda para limpar e quentar no inverno a súa casa xa que os seus pais están con gripe. Despois de ler o conto e falar da importancia de axudarnos uns aos outros fomos ao patio a facer pompas como sakasavon.

ENCARGADO DO DÍA

Imagen
Cada día, un de nós é o encargado/a do día. Cando nos toca selo estamos moi contentos pois nos gusta moito ser os protagonistas e pasar lista, apuntar no almanaque o día da semana, o dia do mes, que clases imos ter, o que imos merendar, o tempo que fai, contar como nos sentimos, escribir o noso nome e primeiro apelido, debuxarnos, a canción do noso nome,... Mirade que contentos!!! LAURA, PAULA E ANAÍS  YADIRA, XAVI E ZAIRA VERA, ETHAN E ANDRÉS