Entradas

DÍA DE ROSALIA DE CASTRO 24 DE FEBREIRO

Imagen
Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil, 1º e 2º de Educación Primaria saímos polas rúas de Abelendo a repartir claveis vermellos e poemas de Rosalía de Castro. A verdade é que o pasamos bastante ben!!! Despois xuntámonos na biblioteca do cole para recitar poemas da nosa escritora por excelencia.

PAUL KLEE 1: VERSIONAMOS "BAILANDO POR MIEDO"

Imagen
Na clase de 4 anos hai un días atopamos na clase unha imaxe dun home que despois dunha pequena investigación resultou ser o artista Paul Klee . Estivemos buscando información da súa vida e dos seus cadros e comezamos versionando a súa obra " Bailando por miedo " Despois  de reflexionar sobre o contido do cadro, de se nos gustaba ou non, da emoción que nos transmitía ao velo, e por qué? decidimos reproducir as posturas que aparecen no cadro. Ao día seguinte  fixemos a nosa propia versión do cadro debuxando as partes do corpo a partires de catro formas xeométricas e pegando anacos de follas secas dentro delas.

PREPARANDO O ENTROIDO

Imagen
 Fixemos coroas Fomos peliqueiros   Máscaras venecianas  

RECICLAMOS CON BEE-BOT

Imagen
Onte estivemos xogando con Bee-bot a reciclar. Cada un de nós elixía un produto (cartón, frasco vidro, vasos, briks de leite, zume, papel de xornal,...)e con Bee-bot intentaba levalo ao colector correspondente. A verdade que as actividades con Bee-bot nos encantan!!!

PLAN PROXECTA: ALIMÉNTATE BEN

Imagen
Este ano o centro participa en diversos proxectos e un deles e o Plan Proxecta: "Aliméntate ben" que consiste en traballar diversos aspectos sobre a alimentación e unha das actividades consiste en merendar froita durante dous períodos de 15 días. Xa estamos a piques de rematar a primeira quenda de froita!!! Os nenos de Educación Infantil están sendo os encargados de recibir a froita, lavala e repartila polas demais clases do cole. Os nenos e nenas están entusiasmados coa limpeza e reparto de froita xa que teñen un papel protagonista e importante frente os seus compañeiros de cursos superiores. Con esta actividade ademais de traballar aspectos dunha alimentación saudable tamén traballamos conceptos matemáticos coma os números (repartir a froita dependendo do número de alumnos de cada aula), maior e menor cantidade e aprendemos valores como o de colaborar e facer algo polos demais. Merendamos mazás, lavámolas e repartímolas a 4º, 5º e 6º Nesta ocasión merendamos...

INICIACIÓN Á SUMA

Imagen
Esta semana falamos de que é iso de sumar? Chegamos á conclusión de que é xuntar cousas!!! Despois xogamos cos aros a sumar cunchas!!!

XOGAMOS A OCA

Imagen
Na clase de 4 anos encántanos xogar aos xogos de mesa!!! Esta semana decidimos xogar á Oca xigante onde ademais de divertirnos traballamos os números e algúns conceptos como anterior - posterior.