Entradas

OS PALEONTÓLOGOS DE 4 ANOS

Imagen
Hai uns días cando chegamos a clase atopámonos cunha pequena sorpresa. Enriba das nosas mesas había un kit de paleontólogo (gafas de protección, cincel, lupa, pincel e martelo) e unha rocha para facer como os paleóntologos e poder atopar fósiles de dinosauro.   Agora todos os días algún de nos se dedica a picar un pouco na pedra. Encántanos!!!

XOGOS DE MOTRICIDADE FINA

Imagen
Hai unhas semanas incorporamos un pequeno recuncho na clase para traballar a motricidade fina, a creatividade e relaxación. Para iso empregamos pedriñas, tapóns de cores, cunchas e cortizas. Cando nos apetece imos a este recuncho onde podemos coller unhas tarxetas de motricidade tamaño A3 que podemos ir cubrindo con elementos naturais. Outras veces utilizamos o lienzo en branco e facemos as nosas creacións.     Mirade que creacións tan chulas!!!

DINOSAUROS: FÓSILES DE PASTA DE SAL

Imagen
Hoxe, na clase dos crocodilos, fixemos fósiles de dinosauros en pasta de sal (fariña, sal, auga e unhas gotas de glicerina)   Encántanos manchar as mans e remexer! Ata houbo quen fixo fósiles de pes de arqueólogo! Por suposto, ao rematar tivemos que deixar todo limpo e recollido. l

SAÍMOS AO TEATRO: "ANTÓN COMODÓN"

Imagen
Hoxe fomos ao teatro a Vigo a ver a obra "Antón Comodón" que trata sobre a historia de Antón, a quen de neno na súa casa llo facían todo, non facía falta que aprendera nada si el non quería. Cando medrou tiña un axudante, Nicolás, que era o encargado de facerllo todo. Pero un día Nicolás pensou que xa tiña bastantes cartos e foi vivir as illas verdes,... Antón non sabía vivir sen axuda: nin vestirse, nin atalos os cordóns, nin tan sequera comer só a sopa! Así pois decidiu comezar unha longa viaxe en busca de Nicolás, atravesando campos, cidades e lugares descoñecidos para el, como unha granxa e un porto. Durante a  viaxe Antón foi aprendendo moitas cousas. Cando por fin chegou ás illas verdes e atopou ao seu axudante deuse de conta que aprendera tanto que era capaz de valerse por si mesmo e foi entón cando decidiu quedarse a vivir y botar unha man a Nicolás co seu carriño de xeados, como dous bos amigos.   No autobús Antes de ir ao teatro f...

RECICLAMOS COA PDI

Imagen
Hoxe estivemos xogando na "pizarra máxica" a tirar o lixo no colector correspondente (amarelo, verde e azul) e a outros xogos de números, animais e música.

DINOSAUROS XEOMÉTRICOS

Imagen
Onte estivemos xogando coas formas xeométricas as compras. Hoxe fixemos uns dinosauros moi chulos con círculos, cadrados, rectángulos, triángulos e semicírculos.

OS NOSOS CONTOS FAVORITOS

Imagen
Polo Día do Libro debuxamos un dos nosos contos favoritos.