Entradas

2º DÍA DESTES "DÍAS RAROS"

Imagen
Querias familias e nenas e nenos da clase de 5 anos. Parace ser que este ano será un pouco diferente aos demais, un ano atípico... e non imos vernos durante uns días, pero, podemos seguir en contacto e tentar facer todas esas cousas que nos gusta facer. Estou segura de que estas pequenas xirafas botan de menos  O OBRADOIRO DE COCIÑA. Que vos parece se hoxe, na casa facemos unha receita con el@s e logo compartimos os resultados? Animádevos!! Enviades ao meu enderezo electrónico as fotos do voso doce e logo eu comparto para tod@s por aquí, así as nenas e nenos tamén se verán. Como non sei que ingredientes teredes na casa e o mellor é saír o mínimo, porei varias alternativas para que escollades:      Preme para ver videoreceita Biscoito de cenoria Ingredientes: 250 g de cenorias crudas (xa peladas e ralladas). 200 g de fariña. 7 g de levadura en polvo  125 ml de aceite de xirasol (podedes usar de oliva pero daralle un sabor máis forte ao pastel de ceno...

XOGOS E VÍDEOS EDUCATIVOS

Ola familias! Dadas as circunstancias acontecidas nos últimos días, as mestras de infantil decidimos poñer nesta entrada diferentes recursos educativos para xogar na casa durante este período de tempo. 3 ANOS APPS sobre o corpo humano: "Partes del cuerpo para niños" "Aprende Partes del cuerrpo humano. Juego educativo."  "Cuerpo humano para niños. Enseñe las partes del cuerrpo humano a sus hijos en una forma interactiva"  4 ANOS  APPS sobre os castelos. Castle Blocks. Castillo Medieval. Juegos de Buscar objetos. Juegos sobre caballeros para niños. 5 ANOS APPS sobre o universo: Espacio para niños. Juego de aventura. Star Walk. Astronomía para niños. Mapa estelar. Astronomía para niños. Astrokids Universe.  Así tamén recomendamos a páxina web "Happy Learning" onde podedes atopar numerosos vídeos educativos sobre diferentes temas: Clika aquí para visitar a súa páxina web  Web Happy Learning Clika aquí para visitar o seu canal...

8M: Día Internacional da Muller

Imagen
Que importantes son as mulleres nas nosas vidas! Elas dannos cariño, seguridade, forza, afecto, confianza... Que importante é o traballo de ser mamá, o traballo MÁIS IMPORTANTE DE TODOS. Quixemos festexar este día escribindo unha carta a aquelas mulleres que temos nas nosas vidas e que son máis importantes para nós: nais, avoas, tías, amigas...  É incrible ver como a figura da nai prevalece sempre ás demais... Como se nota o importante que son para a vida!! Non nos podemos esquecer das avoas, como axudan na crianza dos cativos e cativas e, ademais, sempre cumpren os nosos caprichos! "UNHA MULLER DEBERÍA SER DOUS COUSAS: QUEN E O QUE ELA QUEIRA"  

PROXECTO OS CASTELOS: xoias medievais

Imagen
Seguimos investigando moito sobre o noso proxecto, os libros que nos deixou Dino da biblio son de moita axuda. Despois de investigar a vaixela medieval, demos paso as xoias. Soían estar feitas de coiro, cobre e pedras preciosas, polo que aproveitamos esta información para facer as nosas propias pulseras medievais. Foi un pouco complicado ao principio, pero con concentración, paciencia e esforzo ao final todo sae!!

PROXECTO OS CASTELOS: vasos medievais

Imagen
Na clase e co ordenador conseguimos averiguar como era a vaixela que utilizaba a xente medieval. Esta pode estar feita de barro, madeira ou metal, polo que vimos fotos para poder inspirarnos para as nosas obras de arte.   Collimos arxila e puxémonos mans á obra, todos e todas moi concentrados, para que quedara ben bonito. Pronto poderedes ver o resultado final cos vosos propios ollos! O fixeron con moito coidado así que espero que vos guste!! 1. Amasamos a arxila para que quedara brandiña 2. Eliximos a nosa cor e a decoramos ao noso gusto 3. A desfrutar na casa!!

PROXECTO OS CASTELOS: poñémoslle voz aos nosos debuxos

Utilizamos as novas tecnoloxías para traballar un pouco a expresión oral e sobre todo para pasar un rato divertido!! Describiron a súa cabaleira ou cabaleiro (dependendo do que debuxaran) e o que lle gusta facer. Rímonos moito escoitando as nosas creacións e as dos nosos compañeiros e compañeiras!! SERGIO   LI   NAHIA   LINO   NOELIA   PAULA   ANTÍA   TEO   ADA

Reciclamos co Pilabot

Imagen
Estámonos tomando moi en serio iso de reciclar as pilas, por iso sempre que temos unhas poucas aproveitamos para ir ao contedor e reciclalas. Non vos esquezades de seguir traendo!!