2º DÍA DESTES "DÍAS RAROS"
Querias familias e nenas e nenos da clase de 5 anos. Parace ser que este ano será un pouco diferente aos demais, un ano atípico... e non imos vernos durante uns días, pero, podemos seguir en contacto e tentar facer todas esas cousas que nos gusta facer. Estou segura de que estas pequenas xirafas botan de menos O OBRADOIRO DE COCIÑA. Que vos parece se hoxe, na casa facemos unha receita con el@s e logo compartimos os resultados? Animádevos!! Enviades ao meu enderezo electrónico as fotos do voso doce e logo eu comparto para tod@s por aquí, así as nenas e nenos tamén se verán. Como non sei que ingredientes teredes na casa e o mellor é saír o mínimo, porei varias alternativas para que escollades: Preme para ver videoreceita Biscoito de cenoria Ingredientes: 250 g de cenorias crudas (xa peladas e ralladas). 200 g de fariña. 7 g de levadura en polvo 125 ml de aceite de xirasol (podedes usar de oliva pero daralle un sabor máis forte ao pastel de ceno...