PROXECTO OS CASTELOS: FACEMOS UN CASTELO CON LADRILLOS

Aproveitamos os ladrillos da aula de Psicomotricidade para facer un castelo. Primeiro, debuxamos no encerado o noso bocexo, e despois puxémonos mans á obra. Comezamos facendo un cadrado con forma de muralla e despois catro torres de garda, unha en cada esquina. Foi unha pena que non tiveramos máis ladrillos para poder facer a torre da homenaxe.
Antía tuvo a xenial idea de merendar dentro, asíque así o fixemos!! Dentro tamén bailamos a canción "Vivo en un castillo medieval", que podedes escoitar neste enlace Canción Vivo en un castillo medieval








Comentarios