PROXECTO OS CASTELOS: VISÍTANOS O PAI DE NAHIA

Que visita tan agradable tivemos o venres!! O pai de Nahia viu a nosa aula para contarnos unha historia moi interesante: a historia de Juana de Arco. Acompañou esta historia dunha barbie convertida en guerreira, co seu traxe azul, que artista!!
Todos os nenos e nenas permaneceron moi atentos á historia que o pai de Nahia lles contou sobre esta muller campesiña que se converteu en guerreira, un exemplo máis da valentía e coraxe que poden ter as mulleres.
É moi importante que as nenas teñan referencias femininas durante estas idades, para que poidan empoderarse e poder chegar a ser quenes queiran nun futuro, superando os obstáculos sociais que a sociedade actual lles impoñe.
Se queredes investigar e coñecer máis acerca desta guerreira, podedes atopar información aquí: 

Moitas grazas pola visita!!








Comentarios