PRIMEIRO EXPERIMENTO

Ola queridas nenas e nenos!!
A partir desta semana en lugar de contarvos un conto, imos propoñervos facer un experimento.
Os experimentos sempre vos gusta moito facelos e vos fascina ver o que ocorre. Farémolos con cousas sinxelas de conseguir, pola casa ou como moito, no supermercado.
Para hoxe, que vos parece se facemos un volcán?? Para dar forma ao volcán, se queredes que sexa máis realista podedes moldealo con plastilina, arxila, pasta de sal...pero non é imprescindible, o divertido e importante e levar a cabo o experimento.
Fai que a escuma do xabón se convirta en lava e saia do seu frasco cuns experimentos caseiros para nenos e nenas que misturan  vinagre e bicarbonato.

Materiais

  • Frasco de vidrio
  • Xabón de pratos
  • Vinagre
  • Bicarbonato
  • Colorante alimentario
  • Bandexa

Pasos

  1. Enche ¼ do recipiente con vinagre.
  2. Engade unhas gotas de colorante.
  3. Pon un chorrito de xabón de vaixela e remove.
  4. Engade unha cucharada de bicarbonato.
  5. Coloca o bote sobre una bandexa e espera a ver como o teu volcán caseiro entra en erupción.

Explicación

O vinagre e o bicarbonato xuntos provocan unha reacción química que ocasiona unha erupción que fará que o xabón empece a liberar escuma e creza hasta sair do seu recipiente.




Veña, animádevos a experimentar e enviádenos unha foto ou vídeo para que vexamos como disfrutades coa ciencia. As profes estamos desexando vervos!!

Veña...a EXPERIMENTAR!!!

Comentarios