Traballos - Proposta 5 - Clase 4 anos

Ola, ola!! Pero que árbores da escola tan bonitos fixestes!! Noraboa, encántanme, sobretodo os debuxos dos compañeiros e compañeiras feitos por eles/as mesmos!! Alá vamos:

A árbore de Antía leva por título "Amigos escaladores". Ademais debuxou moitas flores de decoración. Que gran traballo!!






Nahia fixo unhas follas moi bonitas onde debuxonos a todos de corpo enteiro!! Canto esforzo nesta árbore!!







Ada optou por unha árbore xigante, coloreou moito e as nosas caras teñen todos os detalles:











Teo traballou moito para conseguir esta árbore tan colorida, con follas de diferentes cores!!


Paula fixo as follas coa forma da súa propia man e pegou as fotos dos seus compañeiros e compañeiras:


Sergio fixo uns debuxos moi simpáticos que gardan bastante parecido aos amigos e amigas da súa clase. Ademais debeu pasar moito traballo para colorear toda a árbore:


Noe fixo uns circuliños coas nosas caras, repasou e coloreu toda a árbore e tamén puxo a cor do pelo que corresponde a cada un e a cada unha!!:


Por último, Li pintou as folliñas da súa árbore e escribiu tódolos nomes, bo traballo!!






Ademais, aquí van outros traballiños que me van chegando ao correo:

PAULA

ADA



NAHIA



Comentarios

Publicar un comentario