Proposta de actividade nº9

Ola nenos e nenas, ola familias!!! Arrancamos coa penúltima proposta de actividade para este curso. O próximo venres 5 de xuño coincide co Día Mundial do Medioambiente🌄 e as mestras non queremos deixar pasar esta oportunidade para que o celebredes por todo o alto.


Moitas veces non somos conscientes do afortunados e afortunadas que son os nenos e as nenas de vivir nun sitio como é Galicia, rodeado de prados, bosques e montes fermosos🌲. 
Ademais, o noso colexio é privilexiado por poder contar con estes recursos naturais no mesmo espazo onde os nenos e as nenas levan a cabo a súa actividade escolar. E xa por non falar dos numerosos espazos naturais cos que conta o noso Concello: o río da Fraga, o sendeiro de Rialdarca, a praia da Xunqueira ou do Con, Chan d' Arquiña, e un largo etcétera.


 

Por iso gustariannos que ao longo desta semana planificarades unha saída a un entorno natural próximo cos vosos fillos e fillas para que desfrutaran do ocio ao aire libre e valoren a importancia de coidalo e respectalo.🍂🍁🍄

Con esta saída podedes enviarnos fotos dos nenos e nenas no entorno natural elixido: no río, no monte... Tamén podedes aproveitar para que se fixen nos pequenos detalles: vexetación, flora, fauna... sempre dende o cariño e o respecto cara a natureza. Ou incluso recoller o lixo que observedes na vosa saída.
Podedes aproveitar tamén para facer un picnic, xogos en familia, ler contos ao aire libre, saír en bicicleta... 🏃


Sería interesante darlles a oportunidade aos pequenos e pequenas de que fosen eles mesmos os que quitasen as fotografías daquilo que lles chama a atención, aínda que a maioría das fotos as quitedes vos.🎥
Agardamos que esta proposta tan natural vos guste e que os vosos fillos e fillas a desfruten moito.
Moitos bicos das mestras de infantil.

Comentarios