ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO

AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques.
Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia.

Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca. 
Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é.



A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪


Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxinación e reutilicedes plástico para darlle un segundo uso, xa sexa unha manualidade ou algo que serva para a casa. Non se trata de comprar e despois facer unha manualidade, senón de APROVEITAR o que temos na casa.






Esperamos as vosas propostas, seguro que sairán cousas espectaculares!! Moito ánimo que isto xa rematou!!😊😊

Comentarios