Entradas

PROXECTO DINOSAUROS 4 : COMO NACEN? QUE TEÑEN POR DENTRO?

Imagen
Investigamos sobre como nacen os dinosauros e descubrimos que os animais que nacen dos ovos son ovíparos e puxémonos mans a obra para reproducir o noso ovo de dinosauro.  Tamén estivemos buscando imaxes do corpo dos dinosauros por dentro e miramos que tiñan osos, e dicir, esqueleto. Como nos gusta tanto facer formas cos tubos de cartón fixemos o esqueleto do Braquiosaurio con tubos e cinta carroceira.   Gústanos moito facer de dinosauros, desplazarnos como eles, comer, gritar,... TIRANOSAURIO REX   BRAQUIOSAURIO

SAÍDA APÍPOLIS

Imagen
O pasado 16 de marzo fomos de excursión a "Apípolis" alí fixemos un obradoiro de cociña de galletas, visitamos a exposición de abellas onde puidemos buscar a abella raíña, fomos ao apiario, sacamos mel e fixemos as nosas velas de cera.  UNS APICULTORES PROFESIONAIS ONDE ESTÁ A RAÍÑA? EXTRAEMOS MEL  FACEMOS GALLETAS

PROXECTO DINOSAUROS 3

Imagen
Estes días estivemos lendo nos libros de dinosauros que trouxemos da casa que eran e como eran os dinosauros? Xa sabemos que eran reptiles prehistóricos, que eran de diferentes cores e tamaños, que algúns andaban a 4 patas e outros con dúas, que algúns eran herbívoros e outros carnívoros, incluso que a súa pegada era diferente. Tamén estivemos lendo algunhas características dun dos nosos dinosauros prefereridos o Tiranosauro Rex e do Braquiosauro . Despois de falar das súas características e diferenzas decidimos modelar con plastilina o Braquiosauro. Fíxonos tanta ilusión que pronto repetiremos con outros dinosauros (gústannos tanto os dinosauros que ata fixemos as pedras que o Braquiosauro tragaba para facer a dixestión ) Estamos feitos uns artistazos!!!  Que non falten árbores para que coman as follas os Braquiosauros

PROXECTO DINOSAUROS 2

Imagen
Na clase de 4 anos estamos encantados investigando sobre os dinosauros. Nesta ocasión fixemos unha paisaxe con area, pedras, palmeiras e dinosauros. Divirtenos moito xogar coa area!!! OS NENOS E NENAS ENCHENDO A CAIXA DE AREA AQUÍ ESTAMOS COLOCANDO PEDRAS, PALMEIRAS, ROCHAS E DINOSAUROS

OBRADOIROS DE COCIÑA: TARTA DE MAZÁ E BISCOITO DE CHOCOLATE

Imagen
Hai cousa dun mes a profe Evi nos convidou a facer dous obradoiros de cociña e aquí tedes algunhas fotos que xa se nos olvidaba de amosárvolas. FIXEMOS TARTA DE MAZÁ   AQUÍ ESTAMOS FACENDO BISCOITO DE CHOCOLATE

PAUL KLEE 3: VERSIONAMOS "GATO E PÁXARO"

Imagen
Continuamos profundizando en Paul klee e nesta ocasión versionamos a obra "Gato e páxaro" . Como facemos sempre primeiro facemos a análise do cadro e despois realizamos a nosa versión persoal que neste caso consistiu en pintar con acuarelas o cadro. Por último, cada un de nós elixiu un titulo para poñerlle ao cadro. Aquí está o resultado!

8 DE MARZO DÍA DA MULLER

Imagen
Os nenos e nenas de Educación Infantil queren felicitar as mulleres neste día tan especial!!! Parabéns a todas as mulleres!!!