Onte estivemos falando na clase sobre a primavera, as abellas, o mel, as flores, o polen e se nos gusta esta estación e por qué. Ademais fixemos a relaxación escoitando a primavera de Vivaldi. Despois da relaxación debuxamos con pincel a primavera mentres tiñamos de fondo a música!!! Estivemos tan relaxados e concentrados que incluso algún de nos preguntou polo profe mentres nos gravaba pois pensabamos que non estaba na clase!!! Que grandes artistas estamos feitos.
Andrés, da clase de 4 anos, trouxo pipas de xirasol para que sementemos na clase. Xa hai cousa dun mes que as plantamos. Moitas grazas Andrés e familia!!! Decoramos as macetas O luns trasplantamos os xirasois e plantamos fresas nos neumáticos que temos ao lado da pista deportiva. Nen@s trasplantando xirasois e plantando fresas Non soamente tivemos que plantar senón que temos que intentar manter a plantación e para iso temos que regar todos os días!!! Hai unhas semanas tamén fixemos semilleiros de Rúcula en cáscaras de ovos. Nos vindeiros días teremos que trasplantala!!!
O pasado xoves os alumnos de infantil fomos camiñando ata a agraria que está preto do cole para mercar l eitugas, fresas, tomates, cebolas, brocoli, chícharos ,... O venres comezamos plantando leitugas dentro do noso invernadoiro e cebolas fóra. Nos vindeiros días seguiremos plantando todo o que mercamos pois é moi divertido!!!
Despois de investigar sobre os esqueletos dos dinosauros e o nome dalgún oso modelamos con pasta branca osos de dinosauros, marcamos as súas pegadas e incluso fixemos fósiles para noutro día converternos en paleontólogos e intentar atopalos. Isto de modelar é o noso!!!
O xoves e venres desta semana os nenos e nenas de Educación Infantil almorzamos no cole dun xeito moi saudable. Primeiro nos falaron da importancia de comer ben para crecer e ter enerxía e dos alimentos que son beneficiosos para o noso desenvolvemento. Despois almorzamos produtos dos cinco grupos (cereais, aceite, froita, lacteos e hortalizas) Aquí vos deixamos algunhas fotos: