Entradas

FIVE LITTLE MONKEYS JUMPING ON A BED

Imagen
Ola nenos e nenas de infantil!!. Aquí estou de novo - a Teacher-. E hoxe quero compartir con vos ese libro e esa canción que tanto vos gustan...FIVE LITTLE MONKEYS JUMPLING ON A BED. Con este conto e a canción que cantabamos na clase practicamos os números e  introducimos o nome dun animal moi coñecido e querido para vos...THE MONKEY! Aquí tedes o conto E aquí tedes a canción que tanto vos gusta! E aquí déixovos algúns debuxos para que elixades un deles para mandarmos decorados e pintados coas cores que queirades e xa coñecedes (red,blue,yellow,orange..). Encantarame ver as vosas obras de arte!! .

Traballos - Proposta 6 - Clase 4 anos

Imagen
Ola nenos e nenas!! Sergio, Li e Nahia animáronse a facer a súa cápsula do tempo e este foi o resultado: NAHIA SERGIO LI Ademais, LI e ADA tamén mandaron algunhas fotos: ADA LI E PARA FINALIZAR, HOXE QUERO DEDICAR ESTA ENTRADA A SERGIO, QUE ESTÁ DE ANIVERSARIO!!!!!

PROPOSTA DA PROFE ELI de RELI

Imagen
PEQUENOS XESTOS, GRANDES ACCIÓNS Bos días PEQUES de INFANTIL!! Como estades?   A miña proposta para esta semana é a seguinte: Mira os debuxos: Que pensas, que che vén á cabeza, que sentes ó velo? Clica sobre os debuxos e verás uns  vídeos        ·        Gústaronche? Que pensaches cando os estabas vendo? Que sentiches?.. Estes curtos ensínannos que as persoas podemos realizar no noso día a día  Pequenas Accións  que  Melloran a  Vida dos Demais .  Tamén nos fai ver que cando realizas  BOAS ACCIÓNS ,  recibes EMOCIÓNS,   fas FELIZ a quen che rodea ,  e a TI mesmo.  Ademais esta  AMABILIDADE contáxiase creando unha Cadea de Actos SOLIDARIOS   que fan que este MUNDO sexa un lugar MELLOR. Despois de esta pequena reflexión,  propóñovos facer unha CADEA DE AGRADECEMENTOS,  para brindar unha homenaxe a TODA As PERSOAS, desde os profe...

PRIMEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola queridas nenas e nenos!! A partir desta semana en lugar de contarvos un conto, imos propoñervos facer un experimento. Os experimentos sempre vos gusta moito facelos e vos fascina ver o que ocorre. Farémolos con cousas sinxelas de conseguir, pola casa ou como moito, no supermercado. Para hoxe, que vos parece se facemos un volcán?? Para dar forma ao volcán, se queredes que sexa máis realista podedes moldealo con plastilina, arxila, pasta de sal...pero non é imprescindible, o divertido e importante e levar a cabo o experimento. Fai que a escuma do xabón se convirta en lava e saia do seu frasco cuns experimentos caseiros para nenos e nenas que misturan  vinagre e bicarbonato. Materiais Frasco de vidrio Xabón de pratos Vinagre Bicarbonato Colorante alimentario Bandexa Pasos Enche ¼ do recipiente con vinagre. Engade unhas gotas de colorante. Pon un chorrito de xabón de vaixela e remove. Engade unha cucharada de bicarbonato. Coloca o bote sobre una bandex...

AS CÁPSULAS DO TEMPO DOS NEN@S DE 3 ANOS

Imagen
Como xa sabedes, o pasado venres 15 de maio celebramos o Día da Familia👪 e as profes propuxémosvos unha actividade moi chula na que tiñades que facer unha cápsula do tempo⌚: cada un tiña que elixir que quería gardar na súa cápsula e despois enterrala para dentro duns anos volver a buscala e lembrar as cousiñas que gardáchedes. Pois mirade as cápsula que fixeron os nenos e nenas de 3 anos 👀👀 A cápsula do tempo de VEGA está composta por un debuxo da súa familia, unha mostra da súa escritura, unha cuncha porque lle encanta a praia, un cervo porque lle gustan os animais e outras cousiñas varias. ALBA colleu un tupper e dentro puxo unha foto dela, unha boneca de Pepa Pig e outras cousiñas varias. Púxello a tapa e escribiu a data na que fixo a súa cápsula e despois foi a enterrla ao xardín. E como era o Día da Familia, ADRIÁN pediu axuda ao seu irmán Cristian para facer a súa cápsula do tempo. Para iso fixeron uns debuxos por cada membro da familia e meteron tod...

PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº7

Imagen
Ola!! Xa estamos a finais de maio e, aproveitando estes días tan bos, queremos propoñervos facer un ABECEDARIO NATURAL . Podedes coller os elementos naturais que teñades pola casa ou ben aproveitar para saír a dar un paseo polas zonas naturais tan bonitas que temos no noso concello e recolectar alí folliñas, pedras, pétalos, flores, froitos... Unha vez que teñades feito o voso abecedario, ou ben cada vez que fagades unha letra, teredes que buscar na casa un obxecto que EMPECE POR ESA LETRA . A raíz disto podedes traballar tamén... Clasificar os elementos por texturas, tamaños... Crear mandalas Facer números Facer o nome propio, os nomes dos membros da familia, dos compañeiros e compañeiras de clase... Con todo isto nenos e nenas estarán traballando contidos como... Lectoescritura Motricidade fina Clasificación Moitos abrazos de parte das mestras de infantil!!!

A NOVA ACTIVIDADE DA CAIXA MÁXICA

Imagen
OLA!!!!! DÉIXOVOS UN NOVO VÍDEO ONDE PODEDES DESCUBRIR QUE TEN DENTRO A CAIXA MÁXICA.  ANÍMOVOS A REALIZAR A ACTIVIDADE PROPOSTA. PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ TAMÉN VOS DEIXO UN PDF CUNHAS IMAXES POR SE QUEREDES E PODEDES USALAS PARA REALIZAR O XOGO. PINCHA AQUÍ UNHA FORTE APERTA.