Contacontos de Teo: Corno de Unicornio

O outro día Teo trouxonos unha sorpresa moi especial preparada da casa: unha sesión de contacontos!! Contou aos seus amigos e amigas o conto de "Era unha vez un corno de unicornio" (podes ver o conto neste enlace Era unha vez corno de unicornio). Aínda que na clase xa o coñecíamos porque o temos no noso recuncho de Unicornios, nunca está de máis escoitalo da man de outra persoa!

Teo o fixo xenial e, ademais, tiña gardado un agasallo, un Corno de galleta!!
Xogamos por toda a clase a correr e a voar como fan os protagonistas do conto, que ben o pasamos!!


E por último, despois de xogar... toca comer!! Mmmm, riquísimo!!



Moitas grazas á mamá de Teo por esta idea tan chula, e sobre todo a Teo por facelo tan ben.
O noso proxectos dos Unicornios está a piques de rematar, así que aínda estades a tempo de traer algunha actividade que se vos ocorra!!
Biquiños, profe Eli


Comentarios