Visita da Protectora de Animais do Morrazo

Comezamos decembro con moitas sorpresas!! A primeira delas é a visita da Protectora de Animais do Morrazo para o alumnado de educación infantil, que ben o pasamos!! Ao principio estábamos un pouco asustados e asustadas ao ver a un can tan grande, pero despois xa nos demos conta de que León era un anaco de pan!! Deunos moitos bicos e quería agarimos todo o tempo, canto desfrutamos!
A protectora de animais é unha organización sen ánimo de lucro que leva dende o ano 1993 rescatando, coidando e facéndose cargo daqueles animais, especialmente cans, que son abandonados polos seus donos.
Na visita ao noso colexio contáronnos todo o que alí fan e todos os coidados básicos que precisan os cans: xogar, ir ao veterinario, saír a pasear, asealos... Ensináronnos tamén nun vídeo como é un día normal na protectora e puidemos ver que fanse cargo de coidar a moitos canciños!! Ademais, tivemos a oportunidade de darlle de comer e aprender a recoller as "cacas"que deixan os cans.
Podes ver a súa páxina web facendo clik aquí Protectora de Animais do Morrazo ou botar unha ollada ao seu facebook "Prote Animais Morrazo". A protectora ten horario de mañá e acepta visitas por se queres axudar a limpar ou dar un paseo a algún can. Só tes que poñerte en contacto coas responsables e indicaránche qué podes facer para sacar o teu lado máis solidario.



Comentarios