Obradoiros interniveis

Rematamos os obradoiros interniveis deste trimestre, temos moitas cousas que facer e ensaiar... Que estaremos a preparar?? O poderedes ver dentro dunhas semaniñas...
Seguimos desfrutando coa realidade aumentada e a aplicación Chromville onde puidemos darlle coidados á planta e ver como crecía, observar os músculos e os ósos do noso corpo e ver os diferentes elementos da paisaxe. Na biblioteca tamén tiñan uns contos con realidade aumentada que puidemos desfrutar coa tablet.
En cociña fixemos plastilina caseira con colorante e masa.
Agora teremos que esperar á volta das vacacións para seguir experimentando!!

Comentarios