AS VIAXES DOS NENOS E NENAS DE 3 ANOS

QUEREDES IR DE VIAXE????
POIS TODOS A BORDO!!!!!!!!!
Comezamos a nosa viaxe con IRIA, quen acompañada de Andrés, fixo unha viaxe a Groenlandia! Primeiro buscaron no mapa onde se atopaba Groenlandia e pintaron a súa bandeira. Despois prepararon as maletas para a súa viaxe. Tiveronse que abrigar moito porque alí fai moito frío.☃ Tamén miraron un documental para saber que animais vivían ali e descubriron que viven os pinguins, o oso polar, a morsa, a foca e o raposo ártico. E, claro, tanto investigar, pois entroulles fame e antes de volver para casa pescaron un peixe no xeo. 🐟



A seguinte parada do noso viaxe lévanos ata Holanda, esta vez da man de ALBA. Para ir ata alí desde Galicia Alba di que podemos ir en avión ✈(e chegaremos prontiño) ou en coche🚗 (e tardaremos case un día!). Tamén investigou cal e a flor de Holanda, a súa festa nacional, a comida e aprendeu a dicir "Ola" e "Adeus" en holandés!!


Estades cansad@s? Pois collede forza porque agora ben MARTIÑO que nos quere levar de viaxe imaxinaria ata a Illa da Diversión!! Envíanos o mapa para non perdernos e poder chegar a festa tradicional de chocolate blandiño e gominolas en bolsa.🍦🍧🍨

E despois de repoñer forzas con estes deliciosos doces proseguimos a nosa viaxe que nos leva ata África! AIXA e a súa familia decidiron viaxar por este continente🌍, dormir nas súas casas e desfrutar da súa natureza e gastronomía (toda feita a man por Aixa).🍛🍠

E de África cruzamos de novo o mar⛵ ata chegar a Italia. Ao principio MARTIN quería ir de viaxe ao sitio no que meten o paladar e o diafragma dentro do corpo pero ao final pensou que era mellor ir a Italia. Primeiro buscou as letras para formar o nome de Italia e decorou as letras por dentro e depois decorou todo cun debuxo. Tamén buscou a bandeira de Italia e aprendeu a dicir as súas cores en italiano. Investigou as comidas italianas e as súas preferidas son o tiramisú e os espaguetis. 🍝
Seguiu investigando, esta vez sobre Leonardo da Vinci, que era un artista e inventor italiano. Visitou a cidade de Venecia e, por último, aprendeu un pouco de italiano e para non esquecerse, escribiu o aprendido nun papel.



A nosa viaxe vai chegando ao seu fin pero non podíamos rematar sen viaxar a Francia. VEGA lévanos ata alí e xa que estamos en Francia... pois haberá que ir a Disneyland, non si?🎢🎡🎠


A OLIVIA tamén lle gustou a idea de viaxar a Disney a xunta coa súa irmá Mar alá que se foron a visitar a Minnie, iso si, vestidas coas súas mellores galas que a ocasión o merece. E aproveitando a viaxe a París, Olivia fixo unha parada para comprar macaróns, que boa pinta teñen!🍥🍥


E de volta para casa imos facer unha paradiña en Andorra. ADRIÁN viaxou ata alí e descubriu cousas moi interesantes sobre ese país: comida, animais, paisaxes, idioma (que foi o que mais lle gustou)...
E AROHA non quería perderse a nosa viaxe e tamén se apuntou a dar a volta con nós. Como lle gustou moito o último libro que levou do cole "Pájaro Amarillo" decidiu que na súa viaxe iría a visitar a todas as personaxes do conto.

ESPERO QUE DESFRUTARADES DA NOSA VIAXE POLO MUNDO!!!!!

Comentarios