PROPOSTA DE ACTIVIDADE Nº2

Ola, familias de 3, 4 e 5 anos!! Como estades? Espero que estas "vacacións" de Semana Santa vos serviran para desconectar un pouco para poder continuar coas pilas cargadas.
Antes de nada, queríamos agradecer a todas aquelas familias que se uniron á proposta das Mandalas, para nós é moi motivante ver como facedes cos nenos e coas nenas as nosas propostas, posto que iso fai que teñamos máis ánimos para seguir propoñéndovos cousas. Así que GRAZAS!

Como ben sabedes, tódolos martes mandamos unha proposta para realizar durante toda a semana. Esta semana, partindo da actividade da páxina web do cole, propoñemos que FAGADES UNHA VIAXE a aquel país (imaxinario ou real) ao cal vos gustaría viaxar.



Neste traballo, que pode ser feito nun folio, cartulina ou calquera material que teñades por casa, podedes indicar, por exemplo: 👀
  • Nome do país
  • Continente onde se atopa
  • Sitios ou lugares de interese
  • Gastronomía
  • Algún aspecto interesante da súa cultura (festas, celebracións, vestimenta...) 
  • Fotografías ou debuxos feitos polos nenos ou nenas sobre algo característico dese país
Outras ideas para realizar a partir deste traballo:👍
  • Acceder a GOOGLE MAPS ou GOOGLE EARTH e calcular a viaxe en coche, en avión, en tren... 
  • Buscar museos interesantes do país e visitar as súas páxinas webs
  • Investigar sobre famosos ou famosas (cantantes, pintores/as, actores ou actrices...)
  • Indagar como se din as fórmulas de cortesía no idioma dese país (ola, adeus, grazas, por favor...)
Con todo isto estarán traballando contidos como...🙋
  • Lectoescritura
  • Cultura e sociedade
  • Medios de transporte
  • Lingua estranxeira
  • Novas tecnoloxías
Recomendacións para os nenos e nenas de 3 anos:
Para escribir as palabras os pais/nais poden...
👉Escribila encima e eles/as copiala debaixo
👉Dictarlle letra por letra axudándoos/as a escribila
👉Deixar que escriban eles ou elas sós da maneira que saiban, escribindo, cando rematen, a palabra ao lado (a modo de "tradución")

Comentarios