SAÚDOS da PROFE ELI RELI para INFANTIL

Ola  nenas e nenos de Infantil!!! 
Xa estamos no 3º Trimestre!!!. Como o estades levando? 
Desexo e espero que ben. Poñede  cantidade de paciencia e mogollón de alegría para poder ir levando este tempo, que ás veces parecenos interminable.
Sei que estades a traballar moito nas tarefas do cole e espero que aproveitedes tamén este tempo para:  xogar, bailar, cantar, ler, facer un pouco de exercicio, axudar moito nas tarefas de casa, aplaudir... pero sobre todo:
COMPARTIR EN FAMILIA!!!!.
Como estamos en PASCOA, aproveito para achegar o meu gran de area e deixarvos a seguinte actividade:
SORPRESAS NOS OVOS DE PASCOA!!!
Na imaxe que vos deixo a continuación, onde vos desexo unha Feliz Pascoa, deberedes:
  • Buscar uns símbolos e picar sobre eles, para descubrir que haberá neses ovos? ....
Espero que vos guste!!! Se queredes enviarme algunha foto ou vídeo comentándome: como estades, que vos pareceu a actividade,  ou coa decoración dos vosos ovos de Pascoa que realizastes, estaría encantada de recibilo. Para iso déixovos o meu correo:
 elibalado12@ gmail. com
Un aperta GRANDE da profe Eli  REli e moito ÁNIMO SUPERHEROES!!!
 Agora a buscar e a disfrutar!!!

Comentarios