Entradas

Xogando coa lecto-escritura e a lóxico-matemática

Imagen
Familias!! Mirade que ben o pasamos xogando con distintos materiais de lecto-escritura e lóxico-matemática!! Non hai mellor maneira que aprender xogando!!

Aniversarios xaneiro na clase de 4 anos

Imagen
No mes de xaneiro celebramos na aula os aniversarios de Ada e Teo. Sopraron as velas, cantámoslles o cumpreanos feliz e bailamos todos xunt@s. Ademais, os cumpreañeiros pintaron o seu cadro de aniversario, que colgamos pola clase. Grazas familias por promover a alimentación saúdable con estes postres caseiros tan ricos!! ANIVERSARIO DE ADA ANIVERSARIO DE TEO

OS CASTELOS: QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER

Imagen
A clase de 4 anos comeza un novo proxecto. Despois dunha intensa votación (Dinosaurios vs. Castelos) finalmente con 5 votos saiu elixido "Os castelos". Fixemos unha choiva de ideas para anotar todo o que sabemos acerca de este tema e despois poder concretar todo aquilo que non coñecemos e que queremos investigar. No "Que sabemos?" saíron as seguintes ideas: - Teñen princesas - Serven para defenderse - Teñen unha bandeira - Viven reis e raíñas - As cabaleiras e os cabaleiros matan aos malos - Teñen ventás, portas e escaleiras - Hai princesas que dicen "socorro, socorro" - Os cabaleiros/as teñen escudos e espadas para protexerse das frechas - Tamén teñen pistolas - Os atacan zombies, esqueletos, vampiros, bruxas, lobos e dragóns Despois, centrámonos no "Que queremos saber?": - Cales son as partes dun castelo? - Hai castelos preto de Moaña? - Quen vive nos castelos? - Para que serven? - Que utilizan os cabaleiros/as para loitar? - ...

Agasallos de Nadal

Imagen
Xa estamos de volta, familias! Antes de nada, as mestras do equipo de infantil queremos desexarvos un Feliz Ano 2020!! Comezamos o segundo trimestre coas pilas cargadas ao 100%, desexando comezar a traballar xa nos novos proxectos das aulas e evolucionando e aprendendo día a día cos nenos e coas nenas. Á volta das vacacións apareceron nas diferentes aulas os agasallos de Nadal. Na aula de 3 anos os Reis Magos deixaron un montón de agasallos sobre o corpo humano, que sorte estes pequen@s!! Na aula de 4 anos o Apalpador deixou tres xogos de madeira: Na aula de 5 anos tamén se acercaron os Reis Magos e deixaron uns xogos moi divertidos:

BO NADAL!!

Imagen
Os nenos e nenas de Educación Infantil do CEIP de Abelendo....

Visita ás Escolas Infantís Cocoricó, Dalila e Galiña Azul

Imagen
Este decembro realizamos unhas saídas moi especiais: visitamos ás escolas infantís de Moaña para desexarlles a todos e a todas unhas boas festas. Levamos diferentes agasallos feitos polo alumnado de infantil (xa vos dixeramos que andabamos moi ocupados!!), e tamén recibimos agasallos das outras escolas.

Contacontos de Teo: Corno de Unicornio

Imagen
O outro día Teo trouxonos unha sorpresa moi especial preparada da casa: unha sesión de contacontos!! Contou aos seus amigos e amigas o conto de "Era unha vez un corno de unicornio" (podes ver o conto neste enlace Era unha vez corno de unicornio ). Aínda que na clase xa o coñecíamos porque o temos no noso recuncho de Unicornios, nunca está de máis escoitalo da man de outra persoa! Teo o fixo xenial e, ademais, tiña gardado un agasallo, un Corno de galleta!! Xogamos por toda a clase a correr e a voar como fan os protagonistas do conto, que ben o pasamos!! E por último, despois de xogar... toca comer!! Mmmm, riquísimo!! Moitas grazas á mamá de Teo por esta idea tan chula, e sobre todo a Teo por facelo tan ben. O noso proxectos dos Unicornios está a piques de rematar, así que aínda estades a tempo de traer algunha actividade que se vos ocorra!! Biquiños, profe Eli