ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO
AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏 A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques. Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia. Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊 DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS 🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca. Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é. A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪 Unha isla diferente Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxina...