Entradas

ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO

Imagen
AQUÍ VAI A ÚLTIMA PROPOSTA DO CURSO!!! 👏👏👏 A semana que ven remata o colexio e chegan as tan ansiadas vacacións de verán. Seguimos intentando propoñer actividades sinxelas que non vos leven moito traballo, nin a vos, nin aos peques. Esperamos que as saídas pola natureza fosen divertidas e que pasarades un bo rato en familia. Queremos continuar cunha proposta medioambiental, xa que onte foi o 🌊 DÍA INTERNACIONAL DOS OCÉANOS 🌊. O noso concello, ademais de contar con numerosos espazos verdes, tamén se caracteriza pola gran cantidade de praias que rodean a nosa comarca.  Pero todas elas están sempre cheas de basura e, sobretodo, de plástico. Poñerlle esta imaxe aos vosos fillos e fillas e preguntarlles que creen que é. A continuación visualizade este vídeo en familia👇👪 Unha isla diferente Que podemos facer? Está nas nosas mans cambiar esta situación asíque vos animamos a que recicledes nas vosas casas!! 🔊 Esta semana queremos que saquedes a vosa imaxina...

OUTRA PROPOSTA DA CAIXA SOPRESA

Imagen
OLA! COMO ESTADES? DÉIXOVOS OUTRO VÍDEO DA CAIXA SORPRESA, DE ESTA VEZ PROPÓÑOVOS EXERCITAR A RESPIRACIÓN NASAL MENTRES XOGAMOS E NOS DIVERTIMOS FACENDO UNHA ACTIVIDADE SENSORIAL. PARA VER O VÍDEO PINCHA AQUÍ. AXUNTO UN DOCUMENTO CON POSIBLES IDEAS DE SUBSTANCIAS PARA EMPREGAR NA ACTIVIDADE. PARA DESCARGALO PINCHA AQUÍ  REALIZAR EXERCICIOS DE ESTE TIPO AXUDAN A ADQUIRIR UNHA RESPIRACIÓN NASAL, NECESARIA, NON SO PARA MELLORAR A FALA, SE NON TAMÉN PARA EVITAR DIFICULTADES DE DEGLUCIÓN, OÍDO OU SONO. DE FEITO, TER UNHA RESPIRACIÓN BUCAL PODE OCASIONAR TAMÉN PROBLEMAS DE CANSANCIO OU APATÍA. POR TODO ISTO ANÍMOVOS A QUE NO VOSO DÍA A DÍA APROVEITEDES PARA REALIZAR XOGOS SIMILARES AO QUE VOS PROPOÑO XA QUE ULIR NOS AXUDA A EXERCITAR A RESPIRACIÓN NASAL. UN BIQUIÑO ENORME

ANIMAIS

Imagen
Ola nenos e nenas de Infantil!. Xa queda mou pouquiño para as vacacións!. Estaredes desexando seguro. Hoxe veño cun tema que sei gústavos moitísimo. Os Animáis. Seguro que moitos de vos tedes mascotas en casa verdade? A min gústame moito tamén por iso teño moitas mascotas na miña aula de inglés. Recordades? Teño tres PARROTS, un MOUSE, un RABBIT, un MONKEY, un CAT, un ELEFANT...pero claro....no son de verdade!. Son as nosas mascotas que tanto vos gustan.  Ben, pois para que poidades recordalas aquí vos deixo: 1º) Xogos moi divertidos para adiviñar qué animal é. Guessing the animal 2º) Uns videos con cancións que gústanme especialmente * I have a pet (Tengo una mascota) * Baby Shark (la familia de los tiburones (que no dan miedo alguno!) * What do you hear? Adivináis de qué animal se trata por el sonido?. E para rematar...sabíades que os animáis poden cantar no?. Vaia sorpresa!! Bye, bye, kids  

PROPOSTA FINAL DA PROFE ELI de RELI

Imagen
Ola nenas e nenos de Infantil!! Xa queda moi pouquiño para acabar o curso, así que hoxe como proposta final quero darvos os bos días co seguinte video: Que vos parece?😍 😍😍 Aproveitando que o 5 de Xuño é o Dia Mundial do Medio Ambiente , quero destacar a importancia de COIDAR o NOSO VITAL E FERMOSO MEDIO AMBIENTE , tan desexado de gozar este ano máis que nunca!!! UNHA REFLEXIÓN, UN ENSINO O confinamento debido á pandemia do COVID19, trouxo impactos positivos no ambiente xa que, o freo obrigado imposto ás industrias, a disminución do transporte, tanto terrestre como aéreo, a detención da circulación de persoas, e a actividade comercial… fixo que baixase o nivel da contaminación do aire. As augas das praias locen cristalinas, están cada vez máis limpas e deixan ver a beleza do seu fondo. Tamén propiciou que os animais que viven preto paseásense curiosos, como jabalíes por Barcelona e Madrid, corzos por Segovia, lobos e osos en pobos de Galicia e Asturias, ou golfiños no port...

TERCEIRO EXPERIMENTO

Imagen
Ola a tod@s!!! Sabedes que día é hoxe???? A ver mirade no calendario....👀👀 Xa vos escoito decir: MÉRCORES !!!! E que toca os mércores???? Pois un novo EXPERIMENTO !!!!! Hoxe imos xogar con cores e con auga. Vós pensades se a auga pode camiñar??? Si, non, si, non.... Pois con este experimento imos averiguar a resposta. Os materiais que precisamos son: Vasos de plástico Colorantes azul, amarelo e vermello. Auga Papel absorbente (papel de cociña ou similar). Pasos: Colocar sete vasos de plástico en fila e encher de auga o primeiro, o terceiro, o quinto e o séptimo. (encher ata arriba) Engadir 5 gotas de colorante vermello no primeiro e no último vaso. Engadir 5 gotas de colorante amarelo no terceiro vaso. Engadir 5 gotas de colorante azul no quinto vaso. Coller unha folla de papel absorbente e doblala pola mitad. Volver a doblar outra vez no sentido lonxitudinal. Colocar a folla de papel abosorvente doblada dun vaso ao outro, de forma que conecte cada vaso co seguinte...

OS NÚMEROS NA AULA DE TRES ANOS

Imagen
Ola a tod@s!!! Aquí tedes as fotiños para que vexades que ben saben contar os nenos e as nenas de 3 anos. E ademáis de contar, tamén souberon agrupar por cores, facer torres, clasificar obxectos…. É una marabilla ver como traballan estes nenos e nenas!!!!💖💕💗 ALBA   escolleu unhas conchiñas para facer as súas torres desde o 1 ata o 10. MARTÍN primeiro fixo filas de tapas, desde o 1 ata o 10. Ao día seguinte buscou cousas pola casa que tiveran a mesma cor e fixo filas con elas.  E tamén xogou cos bloques de lego a construír torres e ao final fixo una escaleira!!! Gustoulle tanto que o fixo 3 días seguidos! Ata tivo que usar os vehículos de construcción para poder poñer as pezas!!!!! IRIA tamén clasificou obxectos polas súas cores e empregou tapas con letras para contar e facer filas do 1 ata o 10!

Proposta de actividade nº9

Imagen
Ola nenos e nenas, ola familias!!! Arrancamos coa penúltima proposta de actividade para este curso. O próximo venres 5 de xuño coincide co Día Mundial do Medioambiente🌄 e as mestras non queremos deixar pasar esta oportunidade para que o celebredes por todo o alto. Moitas veces non somos conscientes do afortunados e afortunadas que son os nenos e as nenas de vivir nun sitio como é Galicia, rodeado de prados, bosques e montes fermosos🌲.  Ademais, o noso colexio é privilexiado por poder contar con estes recursos naturais no mesmo espazo onde os nenos e as nenas levan a cabo a súa actividade escolar. E xa por non falar dos numerosos espazos naturais cos que conta o noso Concello: o río da Fraga, o sendeiro de Rialdarca, a praia da Xunqueira ou do Con, Chan d' Arquiña, e un largo etcétera.   Por iso gustariannos que ao longo desta semana planificarades unha saída a un entorno natural próximo cos vosos fillos e fillas para que desfrutaran do ocio ao aire libre...